O Carlismo ante as eleccións de abril e maio de 2019

Nin ás eleccións xerais e autonómicas valencianas do 28 de abril, nin ás autonómicas e europeas do 26 de maio concorre ningunha candidatura á que os tradicionalistas poidan dar o seu apoio. A única opción que, por desgraza, queda para o Carlismo é a opción cristiá e patriótica da abstención, que pon de manifesto o rexeitamento a este sistema corrupto e  corruptor.

Nas eleccións municipais do 26 de maio de 2019 pode considerarse o voto a candidaturas independentes, alá onde se presenten, sempre que o sexan verdadeiramente e non manteñan vínculo algún con partidos políticos; e que estean integradas por persoas católicas e honorables, consecuentes e dispostas a traballar polo ben común.



Madrid, abril 2019.

Secretaría Política

Comentarios